As abellas chegaron... á biblio!
Nico presentou o programa "Abellas na escola" a todos os niveis educativos ao longo de dúas xornadas escolares. Un programa que nos permitiu achegarnos ao mundo das abellas: morfoloxía, tipos, polinización, beneficios que aporta o consumo de mel, de própole a nosa saúde... Probamos o mel e ata fabricamos candeas coa cera e co pabío.
Unha experiencia de vida para valorar a importancia de coidar e respectar a natureza, tal e como ela nos coida grazas ás traballadoras abellas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario