mércores, 11 de outubro de 2023

Abellas na escola

 Abellas na escola
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

As abellas chegaron... á biblio!

Nico presentou o programa "Abellas na escola" a todos os niveis educativos ao longo de dúas xornadas escolares. Un programa que nos permitiu achegarnos ao mundo das abellas: morfoloxía, tipos, polinización, beneficios que aporta o consumo de mel, de própole a nosa saúde... Probamos o mel e ata fabricamos candeas coa cera e co pabío.


Unha experiencia de vida para valorar a importancia de coidar e respectar a natureza, tal e como ela nos coida grazas ás traballadoras abellas.

luns, 9 de outubro de 2023

Exposición PDI_1º trimestre

Exposición PDI_1º trimestre
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos a exposición do 1º trimestre en relación co PDI que nos ocupa.

Exemplares varios para desenvolver tarefas integradas/proxectos diversos e dar tratamento a temáticas diferentes: ciencia, filosofía, natureza, narrativa, poesía...

Iniciando curso, mergullándonos en novas lecturas para descubrir, para preguntarnos, para gozar da lectura como fonte de placer e información.

ODS 4 da Axenda 2030

luns, 2 de outubro de 2023

Compromi-sas (1º ciclo E.P.)

 


Comezamos o novo PDI dos próximos dous cursos, "Medicus curat natura sanat", co primeiro reto que nos propón a serea Leo para o mes de setembro: "Leo anímate a... lograr hábitos saudables". Para iso o alumnado escribiu un compromiso para intentar cumprir ao longo do curso e ademais fixemos un rexistro conxunto de compromisos para cada un dos meses do ano para realizalo en familia. Se o conseguides non dubidedes en colocar a pegatina da estreliña.