Amosando publicacións coa etiqueta valores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta valores. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de novembro de 2024

Receitas VIO polo 25N

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Conmemoramos o 25N receitando lecturas de vida: lecturas que educan e conciencian. Unha actividade que iniciamos o pasado curso, dentro do PDI que nos ocupa, e completamos no presente curso: receitas VIO que se complementan experimentando coa luz UV para descubrir palabras a valorar, para reflexionar.

No día de hoxe, grazas á mestra Carmen, de Música e Danza, e ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria tod@s escoitamos e cantamos na biblio: "Son Muller" de MBCP; tal e como podedes ver no seguinte vídeo.


Oxalá algún día non teñamos que "conmemorar"/recordar que a violencia de xénero segue a ser unha realidade e que a educación é a mellor ferramenta para loitar por unha igualdade real na que TODAS e todos teñamos os mesmos dereitos e deberes. Nós, aportamos o noso gran de area, curso tras curso, para visibilizar e educar en igualdade.

martes, 30 de xaneiro de 2024

Día da Paz: acrósticos pacíficos

Leer más publicaciones en Calaméo

Hoxe, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz na nosa biblio: lecturas dos acrósticos pacíficos creados a partir da lectura activa dun exemplar seleccionado por cada aula da exposición Leo le... PAZ!

Lecturas pola Paz
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Esta actividade, de animación á lectura/escritura e derivada da proposta trimestral do noso PDI, permitiu o tratamento de valores, emocións, sentimentos... a prol da convivencia e do benestar persoal e social.

Felicitar, coma sempre, a tod@s polas producións propias que xa forman parte do mural do cole.

luns, 22 de xaneiro de 2024

Exposición PDI_2º trimestre

Exposición PDI_2º trimestre

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Achegamos, en imaxes, a exposición do 2º trimestre que acolle exemplares diversos para realizar lecturas compartidas en relación coa proposta de actividades trimestral.

Diversidade lectora para chegar ao coñecemento, para explorar temáticas varias: emocións, valores, identidade, igualdade, diversidade...

Un trimestre lector para tod@s!