Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións

mércores, 21 de maio de 2025

Encontro e contos con Boniface Ofogo

 
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Pechamos, con Boniface Ofogo, un Mes das Letras do máis cultural e diverso.

Boniface mantivo un encontro co alumnado de 4º de primaria, que tiña moitas preguntas sobre os seus libros e biografía. O escritor e griot (figura tradicional de África encargado de narrar historias) respondeu transmitindo moitos valores e ensinanzas, como a paciencia, non a lentitude que se asocia á tartaruga.

Despois do encontro, gozamos no Centro Cívico e Cultural de Malpica, da súa mestría como contacontos. Contos de animais e ata cantos, que tanto gustaron.

Todo un éxito de encontro e contos da man de Boniface Ofogo. Agradecid@s polo seu bo facer.

martes, 6 de maio de 2025

DichoLeo 2025

Presentamos, un curso máis, as pezas audiovisuais de cada grupo-aula no noso Mes das Letras.

Dinamizando a lingua e atendendo á alfabetización audiovisual, seguimos a dar tratamento ás interferencias lingüísticas e enriquecendo o vocabulario na lingua nai. 

Fala galego, DichoLeo!




venres, 21 de febreiro de 2025

Encontro con Lupe Blanco

Todas as aulas de primaria mantiveron un encontro con Lupe Blanco, grazas a cal se achegaron a poesía popular oral e crearon coplas para o noso entroido: un entroido... do máis natural!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Una xornada divertida e creativa, na cal cada aula, coa axuda de Lupe Blanco, foi creando unha copla adicada ao seu disfraz.

As coplas finais podedes escoitalas premendo no seguinte podcast, grazas a colaboración de: Candela, Clara, Dania, Noela e Marco G. (voces) e a mestra Susana (pandeireta):

Agradecemos a Lupe a súa dispoñibilidade e bo facer, nunha xornada na que a poesía popular oral foi a protagonista para achegar a comunidade as nosas tradicións e valorar a nosa lingua nai, nun día coma hoxe no que conmemoramos o Día da Lingua Materna.

luns, 13 de xaneiro de 2025

FAMILIAS (in)FORMÁNDOSE: convivencia

Iniciamos o 2º trimestre coa formación impartida a familias ao redor da convivencia.

O vindeiro luns 20 de xaneiro, na nosa biblio, esperamos contar coas familias, que teñan dispoñibilidade, para seguir formándonos en comunidade da man de Tamara Rodríguez e dentro do Plan de Formación 2024-25

Unha oportunidade de formarción impartida por unha profesional que nos axudará a medrar persoal e socialmente.

xoves, 2 de maio de 2024

DichoLeo 2024

Damos continuidade ao noso Mes das Letras, presentando as pezas audiovisuais de cada grupo-aula para a nosa produción propia: DichoLeo 2024 en relación co PDI que nos ocupa.

Dinamizando a nosa lingua e desenvolvendo a alfabetización audiovisual damos tratamento as interferencias lingüísticas, ampliando vocabulario na lingua nai.

Parabéns a tod@s, o vindeiro curso... máis!




luns, 2 de outubro de 2023

Compromi-sas: 1º ciclo de primaria

 

Comezamos o novo PDI dos próximos dous cursos, "Medicus curat natura sanat", co primeiro reto que nos propón a serea Leo para o mes de setembro: "Leo anímate a... lograr hábitos saudables"; para iso o alumnado escribiu un compromiso o cal intentar cumprir ao longo do curso e ademais fixemos un rexistro conxunto de compromisos para cada un dos meses do ano para realizalo en familia.
Se o conseguides non dubidedes en colocar a pegatina da estreliña.